Jácome pide o voto cun vídeo no que desvela que pedirá DO se é chave tra o 18F: "Ensíname a pasta"

OURENSE 16 Feb. (EUROPA PRESS) -

O novo vídeo do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nas súas redes sociais para pedir o voto para Democracia Ourensana (DO) utiliza un conocico fragmento da película 'Jerry Maguire' no que un Cuba Gooding Jr. leva ao seu representante Tom Cruise para que o secunde ao proclamar: "Ensíname a pasta".

Baixo o título "DO pedirá investimentos para Ourense. A chamada de Jácome á Xunta tras ser chave nas eleccións", o rexedor de Ourense publicou na rede social X ese extracto de 29 segundos de 'Jerry Maguire'.

Democracia Ourensana, que nas pasadas eleccións municipais logrou máis de 19.000 votos, aspira a converterse en chave tras as autonómicas do próximo domingo se o PP perde a maioría absoluta ou o bloque de esquerda non logra sumar os 38 escanos. A última enquisa do CIS outorgoulle até un escano nunhas eleccións cuxo resultado se presenta aberto.

Con todo, en DO barallan mesmo lograr "entre dous e tres" escanos. O seu cabeza de lista, Armando Ojea, man dereita de Jácome, xa advertiu que nunhas negociacións para dar o seu apoio na conformación dun goberno sen maioría absoluta non porán "cordóns sanitarios" se con iso se consegue "o ceo para Ourense".

No ámbito autonómico, DO presentouse en 2005, 2009, 2012 e 2016 sen lograr entrar no Parlamento de Galicia, pero crecendo en número de votos. Nas autonómicas de 2020, o PP chegara a un acordo con DO para que non concorreran ás eleccións.

O rexedor de Ourense xa avanzou que a DO lle queda por lanzar sobre as 23 horas deste venres outro vídeo de 'Gladiador' no que el mesmo aparece dentro da película.

843738.1.260.149.20240216180323
Vídeo de la noticia
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 16 febrero 2024 18:03

Contenido patrocinado