SANTIAGO DE COMPOSTELA 28 Nov. (EUROPA PRESS) -
O Goberno galego licitou as obras de restauración da fachada do Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, por un importe que supera os 200.000 euros.
O inmoble ten a condición de ben catalogado e está incluído no Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica do Concello de Santiago.
As medidas previstas inclúen actuacións para frear filtracións de auga, en elementos de evacuación, limpeza das fachadas, carpintarías de madeira, entre outras
As obras foron anunciadas este xoves por parte do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e ao directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, durante unha visita o edificio.