Medio Rural prevé aprobar "nun ou dous meses" a nova Lei de mobilidade de terras no consello

Crespo di que a consellería está aberta a calquera proposta e responde a UU.AA. que os presupostos "sempre son importantes"

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, presidirá a xuntanza do Consello Ag
XUNTA/CONCHI PAZ
Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 25 noviembre 2010 20:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, calculou que a tramitación da nova Lei de mobilidade de terras de Galicia durará uns seis meses, unha vez entre no Parlamento autonómico tras a aprobación en decembro ou xaneiro polo Consello da Xunta. "Ogallá estea lista en xuño, antes de finalizar o período de sesións", subliñou.

"Se todo vai normal, nun ou dous meses será aprobada polo conselo", informou en declaracións aos medios de comunicación á entrada da reunión do Consello Agrario Galego, que presidiu o titular de Medio Rural, Samuel Juárez, malia que á súa incorporación se produciu co encontro xa empezado.

Nel, a Consellería de Medio Rural presentou aos sindicatos agrarios --Unións Agrarias (UU.AA.), Xóvenes Agricultores (XX.AA.) e Sindicato Labrego Galego (SLG)-- o anteproxecto de lei no que supón o inicio dun período "de consultas previas", indicou Crespo.

O departamento encara a "primeira toma de contacto" cunha actitude "aberta" a recibir "calquera iniciativa", destacou Crespo, que espera que, "se hai boa vontade", a norma salga adiante "cun consenso importante". "Se non, intentaremos que o faga co máximo consenso posible", incidiu.

Así, en resposta ás críticas do secretario xeral de UU.AA., Roberto García, quen onte avisou a Juárez de que "fan falta presupostos" para frear o abandono do rural, o director xeral recalcou que "si, os presupostos son importantes, evidentemente".

"Se se quere facer algo importante, iso hai que telo en conta", evidenciou, para resaltar que a consellería "priorizar" partidas a este obxectivo, pero o fará "segundo se vaia necesitando".

PRINCIPAIS CAMBIOS NO BANTEGAL

O anteproxecto de lei de mobilidade de terras introduce cambios no funcionamento do Banco de Terras (Bantegal) co fin último de que a superficie agraria galega "sexa utilizadas" por gandeiros e agricultores, recordou Crespo tras enumerar as principais novidades.

Entre elas, destaca que o Goberno galego suprime o dereito de retracto e tenteo que ata agora tiña en calquera movemento de terras agrícolas e define como parcelas aptas para a súa colocación no banco a "todas aquelas con vocación agraria", incluídas as de carácter forestal.

Así mesmo, crea unha nova figura de protección para zonas especiais e habilita a posibilidade de que o Executivo autonómico compre os 320.000 terreos que --segundo o Catastro-- pertencen a un dono descoñecido na comunidade, o que supón unhas 5.600 hectáreas.

Contenido patrocinado