Miles de manifestantes claman en Santiago para "reverter" a situación que "sofre a lingua galega"

Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 17 mayo 2025 12:34

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 May. (EUROPA PRESS) -

   Miles de persoas participan este sábado na tradicional manifestación do 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas, para "reverter" a situación que "sofre a lingua galega".

   A marcha, convocada pola plataforma Queremos Galego, arrincou sobre as 12.10 horas da Alameda de Santiago e este ano, cun novo percorrido, finaliza no Obradoiro.

   Antes da saída, o portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira, destacou que esta xornada "será histórica e decisiva". "Non nos resignamos á expulsión da lingua galega da maior parte dos ámbitos da vida social", asegurou.

(HABERÁ AMPLIACIÓN CON FOTOS PROFESIONAIS)

Contenido patrocinado