Morre o condutor dunha furgoneta nunha colisión frontal cun camión en Sarria

Accidente no que morre o condutor dunha furgoneta nunha colisión frontal contra un camión en Sarria
GUARDIA CIVIL
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 15 enero 2026 20:05

   LUGO, 15 Ene. (EUROPA PRESS) -

   O condutor dunha furgoneta faleceu nunha colisión frontal contra un camión na estrada LU-633, ao seu paso polo municipio de Sarria (Lugo).

   O falecido é un home de veciño de Sarria, nacido en 1962, segundo as fontes consultadas por Europa Press. A vítima tivo que ser excarcerada do vehículo.

   Segundo informa a Garda Civil, o suceso ocorreu ás 17,32 horas no punto quilométrico 53,500 da estrada que une entre Pedrafita e Palas de Rei.

    O 112 Galicia indica que foi o propio condutor dun camión con remolque o que avisou do sinistro. Foron avisados, entre outros, 061, bombeiros de Sarria, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

Contador

Contenido patrocinado