LUGO, 1 Jul. (EUROPA PRESS) -
Un traballador do servizo de recollida de lixo faleceu ao caer do camión no que traballaba no municipio de Ourol (Lugo).
Segundo informa o 112 Galicia, ás 5,30 horas da madrugada recibiu aviso do suceso ocorrido na Rúa da Igrexa. Alí acudiu unha dotación do 061, quen deu a voz de alerta.
O home quedou inconsciente ao caer do vehículo e faleceu no lugar. Tamén foron avisados axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Ourol.