Morre un veciño de Sanxenxo (Pontevedra) esmagado polo tractor que conducía na súa leira

Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 13 septiembre 2020 10:57

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Un veciño de Sanxenxo (Pontevedra) morreu na tarde do pasado sábado ao ser esmagado polo tractor que manexaba nunha leira da súa propiedade situada na parroquia de Punta de Montalvo.

   O suceso tivo lugar ao redor das 19,30 horas do sábado, segundo informa o CIAE 112 Galicia, que sinala que a vítima quedou debaixo do vehículo agrícola despois de que este envorcase.

   Os efectivos sanitarios desprazados ao lugar, ao que tamén acudiron membros da Garda Civil, só puideron certificar o falecemento do home.

   Ademais, na tarde do sábado rexistrouse outro accidente agrícola do que tamén dá conta a central de emerxencias.

   Unha muller resultou ferida mentres manexaba unha máquina de espigas en Taborda, pertenciente ao termo municipal de Tomiño (Pontevedra).

   A central do 112 Galicia recibiu un aviso ao fío das 19,00 horas no que se alertaba do sucedido, polo que a alarma foi trasladada a Urxencias Sanitarias 061, que acudiu ao lugar para atender á vítima e trasladala a un centro médico.

Contenido patrocinado