OURENSE, 8 Abr. (EUROPA PRESS) -
O Castro, no municipio ourensán do Barco de Valdeorras, celebrou un ano máis a súa tradicional procesión dos Caracois de Venres Santo.
A orixe deste paso procesionsal data de fai máis dun século e nela quéimanse cascas de carafio para iluminar e honrar á Virxe.
Prepárase ao longo de todo o ano, cando os habitantes do pobo recollen caracois, cómenos e gardan as cascas. Despois, enchen as cascas con alcol e préndenlles lume para guiar o paso da Virxe da Dolorosa, portada por mulleres mentres os acompañantes entoan cánticos e rezos propios da procesión.