Os médicos de familia do Sergas recibirán un plus se as baixas dos seus pacientes non exceden "a duración estándar"

Os Acordos de Xestión que o Sergas asina con cada área inclúen, por primeira vez, os tempos das IT como factor a baremar no plus

Archivo - Arquivo - Un médico de familia.
GOBIERNO DE ASTURIAS - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 21 mayo 2026 12:17

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 May. (EUROPA PRESS) -

   Os médicos de familia do Sergas recibirán un plus de produtividade se as baixas dos seus pacientes non exceden o que se determina como "duración estándar".

    Esta medida responde a uns dos obxectivos recoller nos Acordos de Xestión que o Servizo Galego de Saúde firma con cada área sanitaria e que, por primeira vez este ano, inclúe os tempos das incapacidades temporais.

    Aínda que algúns puntos difiren segundo a área sanitaria, en termos xerais, estes acordos recollen as medidas que o departamento sanitario pretente impulsar, tales como os programas de cribado, a investigación e a prescrición mínima de medicamentos xenéricos, entre outras.

    Fontes consultadas por Europa Press detallan que, a cada peche de ano, faise unha avaliación dos obxectivos -cada un cun peso determinado na baremación- para o abono do complemento de produtividade.

   Este ano, por primeira vez, entre eses obxectivos a recompensar está o 'control' da duración dos procesos de incapacidade temporal.

    Segundo explican as fontes consultadas, cada proceso leva aparellado un tempo 'estándar' de baixa. Que o paciente exceda esa marxe 'estándar' é o que se pretende evitar.

    Con todo, apuntan que isto é complicado de medir, posto que moitas baixas non "dependen" deles -se se necesitan probas complementarias, por exemplo-, ademais de que a evolución de cada paciente pode ser diferente.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado