SANTIAGO DE COMPOSTELA 26 Jun. (EUROPA PRESS) -
A Fundación Otero Pedrayo homenaxeou o poeta e catedrático de Lingua Galega Ramón Lorenzo co XXIX Premio Trasalba, que recoñece unha vida e un traballo dedicado á defensa do idioma galego.
Lorenzo é catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago, cofundador do Instituto da Lingua Galega en 1971, poeta, especialista en léxico e lingua medieval, editor da 'Crónica troiana' así como de importantes textos de literatura da Idade Media, fundador e director da revista Dorna, académico da RAG, tradutor e membro do Grupo Brais Pinto.
"A figura de Ramón Lorenzo, encarna á tradición do estudio e modernización da nosa lingua dende os máis altos niveis da esixencia intelectual, con proxección en universidades e centros de estudio de todo o mundo, así como unha traxectoria ética incualificable a favor do noso idioma e da nosa cultura", destacou a Fundación Otero Pedrayo.
Este premio, que non conta con dotación económica, foi entregado polo histórico galleguista Isaac Díaz Pardo nun acto con máis de 500 asistentes, mentres que a Fundación --que o ano pasado homenaxeou a Xosé Ramón Barreiro-- entrega un libro-homenaxe á personalidade elixida que nesta ocasión leva por título 'Ramón Lorenzo. Señor dás palabras'.