SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Jul. (EUROPA PRESS) -
O popular Luis Oujo foi investido este venres como alcalde de Porto do Son (A Coruña), municipio no que ostenta o bastón de mando de forma ininterrompida desde o ano 2011.
A maioría absoluta renovada polo Partido Popular nas eleccións municipais do pasado 28 de maio serviu para prolongar un novo mandato de Oujo no cargo.
Atrasada polo recurso presentado polo PSOE aos resultados do 28 de maio no partido xudicial de Noia, a sesión constitutiva da corporación sonense tivo lugar ás 12,00 horas deste venres.
Alí, o sete edís do PP reelixiron a Oujo como alcalde para o próximos catro anos, nos que espera retomar os proxectos pendentes despois dun mandato "moi difícil" pola pandemia.
Así o recoñeceu o rexedor en declaracións a Europa Press logo da súa reelección, da que confía en "cumprir os compromisos" adquiridos cos veciños en 2019 e que "non puideron facerse" pola situación derivada da crise sanitaria.