Porro (CES) considera "totalmente compatibles" os "axustes" de Rajoy con recuperar a economía e os ve "necesarios"

Corina Porro, en la presentación de la memoria 2011 del CES
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 12 julio 2012 19:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA 12 Jul. (EUROPA PRESS) -

A presidenta do Consello Económico e Social (CES), Corina Porro, manifestou que as medidas de "axuste" que anunciou o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ese mércores son "totalmente compatibles" coa recuperación económica. De feito, considerou que son "necesarios" para "poder aplicar as conclusións" que se recollen no informe realizado por esta institución, como implementar medidas de estímulo económico.

A preguntas dos medios de comunicación, e tras aclarar que falaba a título persoal como presidenta do CES pero non en nome de todo o conselo (do que forma parte representantes sindicais, empresariais e axentes sociais), Corina Porro afirmou que "son totalmente compatibles" os recortes, ao que engadiu que "iso non quere dicir que as recomendacións que se fagan non se teñan que ter en conta".

Así, reflexionou acerca de que "se non se arranxa o desequilibrio que existe a nivel nacional", tampouco "se "poderá "chegar a conseguir o crecemento que Galicia necesita". Neste sentido, destacou como "positiva" a situación de Galicia, cun déficit "inferior ao resto de comunidades", o que a deixa "nunha mellor situación de cara á recuperación".

Corina Porro asegurou que ten "claro que as medidas de austeridade e de axuste" son "necesarias" para poder aplicar "tódalas conclusións que na memoria se extraen", en referencia á do CES, e entre as que atopan reactivación económica, ou acabar coa precariedade laboral.

"Se non somos capaces de conseguir ese obxectivo de déficit, se non somos capaces de equilibrar gastos e ingresos, nunca seremos capaces de poñer en marcha medidas de recuperación, que son nas que nos estamos a centrar nas advertencias e consideracións,", explicou a presidenta do CES.

Contenido patrocinado