Prado (PPdeG), sobre a imputación de Zapatero: "Urxe que os cidadáns falen e decidan o futuro de España"

Archivo - Arquivo - A secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado (d), realiza declaracións aos medios no marco da 28 Interparlamentaria do PP, no Palexco, a 9 de xaneiro de 2026, na Coruña.
Gustavo de la Paz - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 19 mayo 2026 19:56

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 May. (EUROPA PRESS) -

   A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reclamou ao Goberno que permita que os cidadáns "falen e decidan o futuro de España", despois de que a Audiencia Nacional imputase este martes ao expresidente do Executivo José Luís Rodríguez Zapatero polos presuntos delitos de tráfico de influencias e organización criminal.

   En declaracións aos medios no Parlamento, Prado destacou que Zapatero foi "peza imprescindible" para que Pedro Sánchez "sexa hoxe presidente do Goberno" porque, asegurou, o exlíder socialista "non estaría imputado se Pedro Sánchez non puxese ao seu servizo o Goberno de España".

   Para Prado, quen hoxe sae en defensa de Zapatero, mencionando ao PSdeG, "ou forma parte da trama de corrupción ou renunciou a defender os estándares democráticos que se lle esixen a un gobernante".

   "Urxe que canto antes os cidadáns falen e decidan o futuro de España", remarcou a número 2 do PP galego que, cuestionada sobre se cre que é momento de presentar unha moción de censura, reiterou que "é momento de que falen os cidadáns".

   "Pedro Sánchez chegou ao Goberno encima dunha moción de censura que defendeu o señor Ábalos no Congreso falando de corrupción e de que non se podía consentir a corrupción. Ábalos hoxe está en prisión. Despois quedou o señor Cerdán a cargo do partido, tamén estivo en prisión e agora está en liberdade provisional", expuxo Prado.

    Así, lamentou que "toda a contorna" de Sánchez forma parte de "diferentes tramas de corrupción", apuntando que, na súa opinión, estase ante a "degradación máxima do estado de dereito".

   Nesta mesma liña, insistiu en que o estado está "podrecido", polo que, "ante a podremia", engadiu, "o único que procede é abrir as xanelas, que entre aire fresco e que os cidadáns decidan que tipo de Goberno queren que lles represente á fronte das institucións".

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado