SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 May. (EUROPA PRESS) -
O deputado do PSdeG Aitor Bouza mostrou o "respecto" dos socialistas galegos polo expresidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero e pediu tamén respectar a súa presunción de inocencia, despois de que a Audiencia Nacional o imputase polos presuntos delitos de tráfico de influencias e organización criminal.
En declaracións aos medios, Bouza asegurou que con esta imputación "está a consolidarse" o 'quen poida facer, que faga' pronunciado polo expresidente popular José María Aznar.
"Todo o noso respecto ao presidente Zapatero, á presunción de inocencia e todo o respecto á xustiza", aseverou o parlamentario do PSdeG cuestionado por este asunto este martes en declaracións na Cámara, onde inicialmente estaba previsto que o fixese o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro.
Ademais, Aitor Bouza lembrou que en Galicia os socialistas saben ben "do necesaria que é a presunción de inocencia", apuntando que "este tipo de prácticas veñen de onde veñen e van onde van".
"E non nos podemos esquecer, o PP, que está presidido por unha persoa que paseaba cun narco alegremente, non nos vai a dar leccións ao PSOE como está a facer", resolveu.