O rei Felipe VI recibirá a Rueda en Zarzuela o martes

Archivo - O rei Felipe VIN e o presidente da Xunta nun encontro.
Gustavo Valiente - Europa Press - Archivo
Publicado: viernes, 3 mayo 2024 13:35

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 May. (EUROPA PRESS) -

   O rei Felipe VI recibirá ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Palacio da Zarzuela, en Madrid, o vindeiro martes 7 de maio, menos dun mes despois da súa segunda toma de posesión como xefe do Executivo autonómico.

    Rueda xa acudira a Zarzuela despois ser designado por primeira vez presidente da Xunta, no ano 2022, tras substituír a Alberto Núñez Feijóo, ao marcharse este a Madrid para dirixir o PP.

    Entón, nun encontro que ten un contexto protocolario, trasladoulle o "agarimo" dos galegos cara á institución monárquica e as prioridades para a comunidade.

    Este martes, volverán manter un encontro após lograr Rueda revalidar a maioría absoluta --con 40 dos 75 escanos do Parlamento de Galicia-- o pasado 18F.

   Á marxe da reunión con Felipe VI, o mandatario galego avanzou a súa intención de urxir unha cita co presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, ao que pretende lembrarlle os compromisos pendentes con Galicia en infraestruturas e outros ámbitos.

Contador