Sanidade propón sanción de 3.000 euros a un veciño de Vigo por insultar e faltar ao respecto a profesionais sanitarios

Archivo - Arquivo - Imaxe do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, coa horta en primeiro termo.
PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 1 octubre 2026 19:39

VIGO 1 Oct. (EUROPA PRESS) -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves o anuncio polo que se notifica a apertura dun expediente sancionador a un veciño de Vigo por insultar e faltar ao respecto aos profesionais sanitarios, en base á lei 3/2026 (que establece medidas de prevención e protección contra a violencia no sistema de saúde de Galicia), e para o que se propón unha sanción de 3.000 euros.

Segundo notifícase neste anuncio, a este veciño de Vigo impútaselle unha suposta infracción do artigo 15 da lei de saúde de Galicia do 2008 (modificada logo pola de 2026), que recolle entre outras cuestións o deber dos usuarios da sanidade pública de "manter do debido respecto" ao persoal, manter as normas de cada centro, aceptar o alta cando termina o proceso asistencial, etc.

Estes deberes aplícanse tamén ás persoas familiares ou acompañantes dos pacientes e, xusto neste caso, a persona proposta para sanción é familiar dun usuario do Sergas.

Segundo puido saber Europa Press, esta persona non aceptou o alta do seu familiar, cuestionaba de forma constante o traballo dos profesionais, impedía ao persoal de Enfermaría realizar o seu labor e mesmo chegou a realizar gravacións sen autorización nun centro sanitario.

Por todo iso, a Consellería de Sanidade abriu este expediente sancionador por dúas infraccións leves e, após non poder notificar esa medida ao afectado, fixo a notificación mediante a publicación do acordo no DOG.

Agora, este veciño de Vigo ten 15 días hábiles para presentar alegacións e ten dereito a consultar o expediente no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra. En todo caso, advírteselle de que, se non presenta alegacións, "o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamiento preciso acerca da responsabilidade imputada".

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado