Unhas 50 persoas esixen ante a Xunta unha "solución inmediata" para Novagalicia Banco que "manteña os 6.000 empregos"

Din que "sempre tiveron claro" que a "operación Castellano" era unha "manobra dilatadora" para "evitar a poxa da entidade en 2011"

Delegados De La CIG Piden Una Solución Para Novagalicia Banco Ante La Xunta
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 24 mayo 2012 14:58

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 24 May. (EUROPA PRESS) -

Medio centenar de delegados da CIG en Novagalicia Banco, no Banco Gallego --entidade participada--, e nas empresas auxiliares HP, Unicom e Ciser esixiron ante a sede da Xunta en Santiago unha "solución inmediata" para a entidade financeira que permita "manter os 6.000 postos de traballo que están en xogo".

Precisamente, en declaracións aos medios de comunicación, o responsable de CIG-Banca, Clodomiro Montero, explicou que "o tempo transcorrido" á espera de investidores dende que a entidade foi nacionalizada "só contribuíu a deteriorar e desvalorizar" Novagalicia Banco.

"A situación hoxe é peor que a de hai un ano, manter esta espera está a conseguir que se degrade a valoración da empresa", asegurou Clodomiro Montero antes de indicar que "se hai un ano se falaba de que o seu valor era de 180 millóns, hoxe mesmo pode chegar a ser subhastada por un euro".

Neste sentido, o responsable de CIG-Banca, sinalou que os traballadores "sempre tiveron claro" que a "operación Castellano" era "para gañar tempo". Unha "manobra dilatadora" para "evitar a poxa da entidade en 2011" e que "só permitiu" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "eludir as súas responsabilidades despois de impulsar unha fusión continuista", considerou Montero.

"SITUACIÓN DE INCERTEZA"

Segundo explicou a CIG, "manter esta situación de incerteza e desconfianza" sobre unha entidade que "tiña o 40 por cento da cota de mercado no sistema financeiro galego" e que "mantén unha cota significativa", "afecta, ademais, ao tecido produtivo e polo tanto á recuperación económica".

Fronte a iso, esixiu que "se"garanta a existencia dun proxecto autónomo, galego e baixo control público" pois, como apuntaron, "é o único camiño para evitar unha poxa que levaría á absorción da entidade e poría en perigo os 6.000 postos de traballo".

Deste modo, Montero tamén criticou que o ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, "diga que está a reflexionar" e "que pode que isto se aprace máis tempo", pois, ao seu xuízo, Novagalicia Banco "non ten máis tempo" pois "está sendo degradada".

PREFERENTES

Así mesmo, demandaron unha "solución inmediata para a clientela" afectada por produtos complexos como as participacións preferentes, o problema da cal, conforme indicou Clodomiro Montero, "está a levar a unha perda de confianza e unha deterioración da imaxe pública de Novagalicia Banco" que "dificulta a súa viabilidade actual e futura".

Por último, reclamaron a creación dunha Comisión de Investigación no Parlamento galego sobre a xestión das antigas caixas de aforros e Novagalicia Banco, "as súas carencias en materia de supervisión e control" ou as "políticas comerciais que prexudicaron á clientela e aos traballadores". Ademais, demandaron a investigación da "actuación dos altos cargos e as súas familias".

Artículos Relacionados

Contenido patrocinado