Xenocidio, a Palabra do Ano 2025 da Real Academia de Galicia

Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 26 diciembre 2025 11:49

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Dic. (EUROPA PRESS) -

   A votación popular para a selección da Palabra do Ano da campaña do Portal das Palabras da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié concluíu coa elección de xenocidio.

    Xenocidio impúxose con máis de catro de cada 10 votos emitidos, 2.948 dos case 7.200 rexistrados, adiantándose á outra finalista 'foliada', expresión da alegría colectiva que significou a celebración das Letras Galegas das cantareiras, recoñecidas hai doce meses como protagonistas da Palabra do Ano 2024.

    Foliada alcanzou 1.315 votos, preto do 20%, e o terceiro posto, con 843 votos, é para 'lume', palabra-crónica da vaga de incendios forestais do pasado verán. A palabra patrimonial comodín 'desfeita' sumou 834 votos que a sitúan no cuarto lugar.

   Na quinta posición aparece 'loia' (686 votos), que designa os encomios enganosos ou aquilo que unha persona presenta como verdadeiro sabendo que é falso. Este vocábulo adquire na actualidade a acepción neológica que se refire ás informacións falsas divulgadas a través de medios electrónicos, xeralmente co fin de desinformar.

    Por último, a sexta posición é para 'retrinco' (564), homenaxe a Castelao durante 2025, o seu ano.

Contenido patrocinado