A Xunta celebra a sentenza do TSXG sobre o parque eólico de Bustelo e espera o desbloqueo de máis de 90

Lorenzana anuncia que o borrador do novo plan sectorial está preparado e iniciará a súa exposición pública a finais de ano ou principios do 2027

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participa nun acto do Clúster de enerxías renovables de Galicia.
XUNTA
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 2 octubre 2026 12:50

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Oct. (EUROPA PRESS) -

   A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, cualificou de "excelente noticia" que o TSXG desestimase o recurso contra a resolución pola que a Xunta outorgou as autorizacións previas e de construción do parque eólico de Bustelo e espera que supoña o desbloqueo de "máis de 90" que continúan suspendidos.

   Para a responsable autonómica, a sentenza que transcendía este xoves "confirma a doutrina do Tribunal Supremo xa en varias sentenzas", ademais de "confirmar os criterios de tramitación da administración galega".

   Así, en declaracións aos medios este venres, María Jesús Lorenzana reivindicou que se trata "dunha excelente noticia" tanto desde o punto de vista económico como industrial.

   Ante os custos "tan elevados" da enerxía, a conselleira de Industria subliñou que "avanzar na enerxía renovable é fundamental".

   Nesta liña, insistiu que é unha "boa noticia" que se confirmen os criterios do Supremo" porque "dá seguridade aos investimentos", polo que mostrou o seu desexo de que "continúen", xa que hai "máis de 90 suspensións".

    "O eólico está superxudicializado e esperemos que se vaian confirmando os criterios do Tribunal Supremo na comunidade", remarcou antes de mostrar a súa confianza nos criterios dos técnicos da Xunta que tramitaron os procedementos.

   Neste contexto, lembrou que "a situación de judicialización" ten a súa orixe en "determinadas asociacións ambientais, sindicais e algún partido que están detrás dese recurso".

"UN PUNTO DE INFLEXIÓN"

   Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asegurou que a sentenza supón "un punto de inflexión" e confirma que a Xunta "actuou con rigor e con plenas garantías ambientais", así como "conforme á legalidade".

   Así mesmo, Vázquez subliñou que foron "anos de recursos promovidos sempre polos mesmos" que, lamentou, "mantiveron paralizados proxectos en Galicia" e que "puxeron en albas non só parte da economía", senón tamén "frear as emisións de CO2".

   Tras manifestar que a Xunta "respecta as decisións xudiciais, mesmo cando non as comparte", a conselleira aseverou que houbo pronunciamientos "que han ir desmontando un a un a aqueles que dicía que todo estaba mal feito".

   "Eses que non querían absolutamente nada, ao final tampouco daban ningunha resposta, porque se non temos enerxía limpa, que tipo de enerxía queremos? Queremos unha Galicia neutra desde o punto de vista climático? Hai que prescindir de enerxía fósil, que alternativa dan estes que din non a todo?", reiterou a responsable autonómica, que tamén agradeceu o traballo dos técnicos autonómicos.

   Por todo iso, Ángeles Vázquez dixo esperar que a partir de agora o Goberno galego poida seguir coa súa planificación, "que parte de Galicia, pero que está perfectamente aliñada con Europa".

NOVO PLAN EÓLICO

   Mentres, María Jesús Lorenzana, cuestionada nun acto en Santiago sobre que suporía ese desbloqueo da eólica, Lorenzana sostivo que Galicia se atopa nunha situación "de parálise", pero destacou que a Consellería, tal e como avanzou, terá preparado entre finais de ano e principios de 2027 o documento de inicio do novo plan sectorial eólico.

   "Comprometémonos a aprobar ese plan e a traballar segundo un calendario e podemos dicir que estamos a cumprir", apuntou para, a continuación, sinalar que nestes momentos os diferentes departamentos da Xunta están a acabar a fase de redacción do borrador.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado