SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Jul. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Economía e Industria comunicou a Altri o arquivo "definitivo e firme" do proxecto previsto para Palas de Rei (Lugo) ao considerar que as alegacións presentadas pola empresa lusa son "inadecuadas e insuficientes" e que a factoría é "inviable" nas condicións expostas.
O anuncio realizouno este mediodía a responsable do departamento autonómico, María Jesús Lorenzana, en declaracións aos medios, nas que precisou que se trata dunha resolución administrativa e, do mesmo xeito que todas, cabe presenta un recurso contra ela.
O proceso de arquivo deste proxecto, que recibiu unha importante contestación social, foi iniciado en febreiro deste ano debido á falta de conexión eléctrica. A exclusión da subestación necesaria da planificación eléctrica do Goberno central foi o factor determinante para que a Xunta dese este paso.
Desde entón, a empresa tiña tres meses para alegar este proceso e expor outra forma de conexión eléctrica. Aínda que presentaron estas alegacións xusto ao final do prazo, o Goberno galego continúa co arquivo previsto.
"Estas alegacións non as consideramos adecuadas ou suficientes para estimar o que pretenden, que é continuar co expediente. Por tanto, vimos de resolver de modo definitivo e firme por parte da Xunta ese arquivo do expediente de Altri", detallou.