O alcalde de Santiago e varios concelleiros visitan as obras en execución en San Lourenzo e da Ponte Bafín (A Grixoa)

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 24 mayo 2006 17:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 May. (EUROPA PRESS) -

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou hoxe as obras de mellora da estrada de San Lourenzo e da Ponte Bafín, en A Grixoa. Acompañaron ao alcalde nestas dúas visitas o voceiro do goberno e presidente da Comisión de Infraestruturas, Vías e Obras da Deputación da Coruña, Francisco Candela; o concelleiro de Infraestruturas e Equipamentos, Bernardino Rama, e o director da obra, Joaquín López Menéndez.

A actuación en San Lourenz permitirá mellorar as condicións de seguridade desta vía, segundo lembrou hoxe o Concello compostelán. Precisamente, o pleno da Deputación da Coruña aprobará mañá a última etapa deste proxecto --os dous primeiros xa están rematados--, que inclúe nova pavimentación, iluminación e actuacións paisaxísticas. O orzamento desta fase é de 545.354 euros.

As obras desta última etapa inclúen o remate das beirarrúas, con lousas de granito na zona situada fronte ao Pazo de San Lourenzo e con lousas de formigón no resto da vía. Ademais, fixarase unha barandilla na marxe esquerda da estrada como elemento de contención para os peóns ante a diferenza de alturas respecto ás parcelas limítrofes.

BEIRARRÚAS

Este elemento de seguridade completarase co completo alumeado do vía, co fin de que dotalo das condicións axeitadas para a circulación de vehículos e de persoas. Estanse a instalar conxuntos de columnas de luz ó longo da estrada e farois decorativos no entorno do Pazo. A actuación tamén contempla melloras medio ambientais na zona, coa plantación de bidueiros nas beirarrúas.

Na súa visita ás obras, Sánchez Bugallo destacou a importancia que a obra terá para a seguridade dos peóns, coa creación dunhas beirarrúas ata agora inexistentes. "Hoxe quedan dous carrís de 3,5 metros de ancho cada un e 2,5 metros de beirarrúa a cada lado, co que unha vía de cinco metros se converte nunha de doce", apuntou. O tramo de estrada afectado é duns 840 metros de longo, que estarán abertos ao tráfico en canto as condicións de seguridade o permitan.

Veciños afectados por estas actuacións aproveitaron a visita dos responsables municipais para traslar algunhas demandas, como a necesidade de que se habiliten espacios para estacionar vehículos en caso de que persoas maiores teñan que baixarse e pasos de peóns.

Por outra banda, Sánchez Bugallo tamén visitou hoxe as obras que se están a realizar en Ponte Bafín, na parroquia de Grixoa. Alí construíuse unha ponte, co obxecto de facer a estrada máis accesible para os vehículos pesados, que tiñan grandes dificultades para superar o radio das curvas. Elevouse a ponte sobre o río e reduciuse e transformouse este tramo nunha única curva máis aberta. A obra ten un custo total de 564.515 euros e estará rematada no prazo dun mes.

Contenido patrocinado