Un espectáculo de maxia fomentará hoxe a lectura entre os rapaces do Hospital de Pontevedra

Actualizado: lunes, 10 abril 2006 11:40

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Abr. (EUROPA PRESS) -

O mago Luis Boyano ofrecerá hoxe no Hospital de Pontevedra un espectáculo para os rapaces deste centro sanitario no que lles amosará as posibilidades de lecer que ofrece a lectura, dentro do programa 'Abril, mes dos libros', organizado pola Consellería de Cultura.

A actuación tentará suscitar o interese dos nenos pola lectura a través do humor e do misterio, cumprindo así un dos obxectivos principais do programa da Xunta, de achegar este hábito a lugares que normalmente fican afastados de círculos culturais, como os hospitais ou as cárceres.

O programa 'Abril, mes dos libros', inclúe outras actividades, como semanas do libro en diferentes municipios galegos, un certame fotográfico para que os máis novos reflexen todo o relacionado co mundo da lectura e co pracer de ler ou unha campaña para que as pandarías inclúan nas bolsas un poema.