Fraga intervirá mañá no acto de ingreso na Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación de Bello Janeiro

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 23 febrero 2006 20:32

A CORUÑA 23 Feb. (EUROPA PRESS) -

O catedrático de Dereito Civil Domingo Bello Janeiro pronunciará mañá o seu discurso de ingreso na Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, que versará sobre "O desenvolvemento do Dereito Civil Galego no marco constitucional".

No acto, que terá lugar na sé da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, no edificio do Consulado na Coruña, tamén intervirá o ex-presidente da Xunta de Galicia e membro da Academia, Manuel Fraga Iribarne.

Ademais, estarán presentes o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja; o da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, Pedro González-Trevijano; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza, Jesús Souto; o Valedor do Pobo, José Ramón Vázquez Sandes, e o presidente do Consello de Contas, Luciano Fariña.

Bello Janeiro foi elixido novo membro da Academia, por unanimidade, na última sesión plenaria do organismo, a proposta do catedrático de Dereito Administrativo e anterior reitor da Universidade da Coruña, José Luis Meilán Gil. No seu discurso falará, entre outros temas, das previsións de futuro no marco constitucional e na reforma estatutaria, así como da necesidade urxente de modificar a lei vixente en Galicia de 1995 sobre Dereito Civil galego.

Contenido patrocinado