A quinta xornada de Curtocircuito na Rúa ofrecerá mañá en Santiago unha seleción de curtas documentais internacionais

Actualizado: miércoles, 16 agosto 2006 19:15

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Ago. (EUROPA PRESS) -

A quinta edición do Programa Curtocircuito na Rúa ofrecerá mañá na Praza de Abastos de Santiago de Compostela a partir das 22.00 horas, unha seleción do mellor do panorama internacional de curtas documentais.

A noite abriraa o grupo de Dj's galegos Cable-&-Cera-Extrema, que mesturan estilos como o minimal, electro, hip-hop ou house. Ademais proxectaranse as curtas documentais '¡Niño! Que en Puerto Real tor mundo es municipal', 'Nach dem fall', 'Les egoutiers de París', 'Trogloditas' e 'Rape for who I am'.

A seguinte cita con Curtocircuito na rúa terá lugar o próximo 24 de agosto na Praza de Abastos, onde se fará unha retrospectiva das mellores curtas galegas, amenizadas coa música do Dj compostelán Amnémesis.