Santiago acolle o ciclo de cine 'Imaxes contra o esquecemento', coa proxección de nove películas

Actualizado: lunes, 9 enero 2006 15:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá desde hoxe e ata o domingo a proxección de nove películas que intengran o ciclo de cine 'Imaxes contra o esquecemento'. A Concellaría de Cultura e Amnistía Internacional, en colaboración coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, organizan este ciclo coma xeito de lembrar e reivindicar a memoria de todas aquelas persoas que sufriron a represión franquista, durante e despois do levantamento militar.

Segundo os promotores deste ciclo, o silencio sobre as prácticas fascistas foi unha losa sobre as conciencias durante décadas, pero agora comezamos a vivir un agromar de iniciativas sociais e políticas que reclaman o recoñecemento de miles de homes e mulleres perseguidos e asasinados nesa ditadura.

En Santiago de Compostela, 2005 foi oficialmente o Ano de Ánxel Casal en homenaxe ao alcalde republicano e nacionalista asasinado polos franquistas. En 2006 e por iniciativa da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia conmemorase o Ano da Memoria.

'Imaxes contra o esquecemento' é, segundo os organizadores, "unha achega máis coa que levantar a lousa de silencio imposta para este período da nosa historia e facer xustiza con todas as persoas que sufriron por defender valores que hoxe en día están plenamente recoñecidos".

Neste ciclo proxectaranse as películas 'Querídisimo verdugos', de Basilio Martín Patiño; 'Morte no val', de Christina Hardt; 'Santa Cruz por exemplo', Günter Schwaiger e Hermann Peseckas; 'Unha inmensa Prisión', Carlos Ceacero e Guillermo Carnero; 'Os alzados', de David Baute; 'Os nenos peridos do franquismo', Montse Armegou e Ricard Belis; 'Presos del Silencio', Mariano Agudo e Eduardo Montero; 'A Columna dos oito mil', de Ángel Hernández García, Antonio Navarro e Fernando Ramos; e 'A morte de ninguén, o enigma de Heinz Chez', de Joan Dolç.