A TVG recupera a "mítica" serie da BBC 'Os Novos' para a súa temporada de outono-inverno

Actualizado: viernes, 18 agosto 2006 20:17

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Ago. (EUROPA PRESS) -

A TVG recuperará a "mítica" serie da BBC 'Os Novos', entre as novidades que proxecta para encher a grella de programación de cara á temporada outono-inverno. Esta serie, producida pola cadea británica en 1982 xa foi emitida nos primeiros anos da canle autonómica.

A canle galega informou que durante estes anos recibiu "numerosas peticións" solicitando a reemisión da serie, que finalmente se realizará a partir de setembro de este ano.

Como novidade, cabe salientar que os capítulos foron dobrados de novo para axeitar as expresións ós tempos actuais, xa que a dobraxe anterior databa do ano 88.

A serie consta de 12 episodios de 36 minutos cada un, e ten como protagonistas a catro estudantes preguiceiros, totalmente opostos entre si, que comparten unha casa en ruínas no centro da cidade de Londres.

En cada capítulo hai actuacións musicais dos grupos de moda da época entre as que se encontra a do propio Cliff Richards, que compuxo a canción 'The Young ones' para a serie e apareceu nalgún episodio.