Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 09/03/2010 17:10
AM

A Xunta garante que o Plan do Litoral estará este ano, aínda que dá un mes máis os concellos para estudalo

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, reafirmouse hoxe en que o Plan de Ordenación do Litoral (POL) sairá adiante este ano a pesar da súa decisión de conceder aos concellos un mes máis de prazo para que estuden o documento.

   Así acordouno tras unha reunión mantida hoxe co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, quen reclamou unha moratoria de tres meses debido á "complexidade técnica" do texto. "Pedimos un prazo amplo, pero entendemos que o Goberno quere levar a cabo o seu desenvolvemento normativo en tempo", sinalou, tras aplaudir a decisión do titular de Medio Ambiente.

   "Esta ampliación redundará na mellora do documento", incidiu Hernández, quen considerou que a súa decisión "dá resposta" á "inquietude" transmitida polo líder do municipalismo ante a "dificultade de análise" do POL e pola cal xulgou necesario outorgar "máis tempo" aos concellos.

   Máis aínda cando esta cesión non afecta aos prazos que manexaba a consellería para a súa aprobación, que se prevé que saia a información pública "antes do verán" para así lograr a súa aprobación definitiva antes de que finalice o ano. Deste modo, mantense o horizonte do 17 de maio --cando finaliza a suspensión da prohibición de construír nos primeiros 500 metros da costa-- para contar coas achegas locais e dos grupos parlamentarios reunidos en relatorio non lexislativo.

   Respecto da ampliación do prazo, Hernández recordou que o Plan do Litoral foi remitido aos concellos a principios de febreiro cun período de dous meses para analizalo, polo que agora poderán remitir á Xunta os datos que consideren necesarios, como máximo, ata o próximo 10 de maio.

POSTURA DA FEGAMP

   Pola súa banda, Carlos Fernández agradeceu a concesión do conselleiro, posto que o POL é un documento "trapalleiro" tanto para os técnicos municipais coma para os propios responsables políticos. "Favorece a política de entendemento e busca de consenso que todos declaramos respecto da regulación territorial e urbanística", aplaudiu.

   Así, aínda que indicou que a súa petición era algo superior --tres meses-- , asumiu que os 30 días ofrecidos a maiores permiten "non traballar cunha présa demasiado esaxerada". "Non queremos dar a imaxe de dilatar en exceso o proceso", resaltou, e xustificou a súa postura en que os instrumentos de ordenación son "ferramentas importantes".

   Ao fío diso, o presidente da Fegamp aduciu que estes asuntos "requiren certo tempo", porque os concellos pretenden "ver os documentos con detalle" para elaborar "directrices comúns" dende o ámbito local. "Trátase de evitar competencias entre eles e que haxa uns máis listos que outros", resumiu.

REUNIÓN COA FEGAMP

   Na reunión de hoxe, ambos os dous dirixentes políticos abordaron tamén a situación na que se atopa a tramitación da Lei do Solo de Galicia, así como outros "asuntos xerais" relativos á ordenación territorial.

   Sobre o desenvolvemento normativo da Lei do Solo, Hernández apuntou que se están a incorporar moitas das emendas do PSdeG no relatorio non lexislativo que finaliza mañá. "Os traballos van polo bo camiño", concluíu.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.