Mato defende a reforma laboral do Goberno de Rajoy porque "España non pode perder máis tempo"

Beatriz Mato
Foto: EUROPA PRESS

Avoga por un consenso con sindicatos e empresarios pero subliña, en caso non se lograr, que hai que facer algo xa"

   VILAGARCÍA DE AROUSA, 8 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, subliñou a urxencia de aprobar a reforma laboral que promove o Goberno de Mariano Rajoy porque "España non pode perder máis tempo".

   Para Beatriz Mato, o escenario ideal no que debería levarse a cabo esta reforma é o do consenso con sindicatos e empresarios. Pero, engadiu, "se iso non se produce, evidentemente, o Goberno deberá levala ao consello de ministros para a súa aprobación" porque "o que está claro é que temos que facer algo xa", apostilou.

   A titular de Traballo e Benestar sinalou que "a reforma laboral é un piar imprescindible, aínda que non o único que necesita o país". "Despois, tamén teremos que falar da reforma financeira e doutros aspectos que me consta que dende o Goberno de España xa ese están a abordar", aseverou.

ACORDOS E CONSENSOS

   Beatriz Mato lamenta que xa se perdera demasiado tempo "sen facer absolutamente nada do que se tiña que facer, que era buscar e propiciar acordos e consensos cos actores principais da reforma laboral".

   Neste sentido, recordou que dende a chegada de Mariano Rajoy ao Goberno central "xa se alcanzaron algúns acordos importantes, para nada baladís", como os referidos á progresión do incremento salarial e á negociación colectiva, segundo indicou.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.