O PSdeG denuncia que a suspensión de primas a renovables supón "a parálise definitiva" do concurso eólico galego

El Diputado Socialista José Luis Méndez Romeu
Foto: EUROPA PRESS

Insta ao Conselleiro de Economía e Industria a "recorrer" ante "o Tribunal Supremo" o Real Decreto do Goberno central

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O voceiro de Economía do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, denunciou que a supresión das primas a enerxías renovables supón "a parálise definitiva" do concurso eólico galego, polo que instou ao Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, "a recorrer" ante o Tribunal Supremo o decreto publicado polo Goberno central "tan lesivo para os intereses de Galicia".

   Así manifestouno este xoves en rolda de prensa, na que avanzou que o PSdeG presentará varias iniciativas parlamentarias orientadas a que o titular de Industria explique no pleno do Parlamento galego "cál é a súa posición" ante esta normativa e se o Goberno central "consultou a Galicia" as "necesidades do sector".

   Segundo explicou Méndez Romeu, o Real Decreto 1/2012 "modifica en profundidade" o sistema de retribucións das enerxías renovables ao introducir "novidades" como a "suspensión de incentivos económicos --primas-- que reciben as instalacións de enerxías renovable" ou o procedemento de preasignación de retribucións ao "considerar pechado o rexistro".

   Así mesmo, "establece posibles excepcións para instalacións de coxeración que funcionen con enerxías renovables non hidráulicas e cita expresamente a biomasa, biocarburantes ou residuos, pero nin cita a enerxía eólica", engadiu.

CONSECUENCIAS

   Estas cuestións, conforme criticou, "supoñen a "parálise definitiva do concurso eólico galego" pois "non se van desenvolver 2.300 megavatios, 38 empresas adxudicatarias non van a levar adiante os seus proxectos de construción de partes nin tampouco os seus proxectos industriais asociados".

   "Todo isto, segundo as cifras oficiais expostas reiteradamente polo conselleiro de Industria, significa que 14.000 empregos que deberían crearse como consecuencia do concurso non se van crear", asegurou, antes de indicar que "se poñen en perigo os ingresos fiscais polo canon ambiental, uns 5 millóns de euros" e que "propietarios de montes deixarán de percibir 13 millóns de euros" polo aluguer dos seus terreos".

"IMPROVISACIÓN"

   Segundo denunciou, ante esta situación o conselleiro de Industria "improvisa propostas" que "poñen de manifesto que o Goberno galego non foi informado previamente da reforma levada a cabo polo Ministerio de Industria", así como que "tampouco acordou co sector as posibles medidas que se deben solicitar ao Goberno central para paliar este desastre".

   "É máis, o sector estalle a dicir á Xunta que non quere situacións de excepción, o que quere é a modificación desta normativa e seguridade xurídica que permita que os investimentos a medio prazo poidan ter financiamento, algo que nestas condicións é inviable", criticou.

   Neste sentido, tamén cuestionou a actuación do Goberno central ao cualificar de "curioso" que o Ministerio de Industria "garde silencio" e "non se pronuncie sobre as condicións expostas polo Goberno galego" para "resolver esta situación".

"LEXISLATURA PERDA"

   Con todo, sinalou que, no momento en que "se cumpren mil días de goberno popular en Galicia", os datos de produción industrial mostran que, "en materia de industria e de enerxía esta é unha lexislatura perdida".

   O deputado socialista criticou que o Executivo galego "non foi quen de desbloquear parques concibidos neste concurso, nin tampouco os 70 parques concibidos con anterioridade". Así, considerou que "a decisión unilateral de suspensión e anulación do concurso eólico convocado polo anterior goberno significa que se perderon 4 anos" e que "pasará moito tempo ata que se poña en marcha calquera instalación".

   "Estamos ante unha actuación da Xunta que foi lesiva para o interese xeral da economía galega, destrutiva para o sector e que, ademais, se segue caracterizando pola improvisación e a falta de formulacións estratéxicas", apostilou.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.