Usuarios de software libre expresan o seu "malestar" porque a Xunta aposte por implantar produtos privados de Microsoft

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 24 febrero 2011 22:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 Feb. (EUROPA PRESS) -

Asociacións de Usuarios de Software Libre expresaron o seu "malestar" pola decisión da Xunta de "favorecer" a dispoñibilidade de "produtos privados" de Microsoft en galego en lugar de apostar polo sector "libre".

Nun comunicado, trasladaron a súa "preocupación" pola reedición dos acordos entre o Goberno galego e a empresa, ao tratarse dunha compañía "que reiteradamente foi condenada pola Unión Europea por abuso da súa posición dominante no sector, cuns ingresos netos anuais de "miles de millóns de euros".

"Descoñecemos os detalles económicos da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e Microsoft mais sospeitamos de que existe un apoio financeiro ou unha contrapartida que beneficia á devandita empresa", sinalan.

Así, consideran que os recursos públicos estarán "mellor empregados" na promoción do sector libre "galego", que xa conta "dende hai máis de dez anos" con produtos "de alta calidade totalmente galeguizados".

Contenido patrocinado