O Concello de Santiago destina 275.000 euros á instalación dunha rede WiMAX no casco histórico

Actualizado: lunes, 16 julio 2007 17:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Concello de Santiago de Compostela destinou 275.000 euros á instalación dunha rede inarámica de grande alcance -WiMAX- no casco histórico da cidade, segundo comunicou hoxe en rolda de prensa o voceiro do goberno local, Néstor Rego.

Este tipo de redes, que xa se utilizan no rural, evitan instalar cables alí onde a liña de cobre non chega, funcionan de modo similar ás redes de WIreless Fidelity -WiFi-. Así, a Worldwide Interoperability for Microwave Accesses -WiMAX- un sistema de longo alcance que permite a transmisión de voz, datos e televisión pero cun maior ancho de banda que a rede WiFi.

A cidade compostelana únese deste modo á iniciativa da maior parte das poboacións do País Vasco, varios municipios andaluces e algunhas zonas de alicante que xa implementar este sistema nos seus territorios. De momento, non sei coñece a data na que a instalación estará finalizada pero o concello desexa que sexa "o antes posible".

Así mesmo, tamén se aprobou unha partida de 297.535 euros para a construción de beirarrúas no tramo de acceso ao barrio compostelano de Vite de Arriba e grupo escolar Diego Xelmírez.

CONCERTO DE SERRAT E SABINA

Por outra banda, Rego respondeu --ante as preguntas dos xornalistas sobre a polémica relacionada coa suspensión do concerto de Serrat e Sabina-- que "as informacións coas que o conta" é que a organización do espectáculo ten un "seguro por chuvia". Non obstante, aclarou que esta cuestión incumbe á comisión de festas.