Un estudio analiza a falta de financiamento das empresas 'Spin-off', que nacen no seo universitario

Actualizado: lunes, 16 julio 2007 15:54

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentou un estudio pioneiro sobre 'spin-off', empresas que nacen a partir da investigación universitaria, que tras dous anos de traballo, acaba de chegar á súa fase final.

Estas organizacións, a pesar de "xogar un importante papel" na promoción e difusión de coñecemento e tecnoloxía, a miúdo enfróntanse a "dificultades económicas e falta de financiamento" que non permiten o seu óptimo desenvolvemento, sinalou un dos membros do proxecto, David Rodeiro Pazos.

As 'spin-off' constitúen unha ferramenta de "gran potencial" para o avance económico da área xeográfica na que se desenvolven, destacou o investigador. Por iso, un dos obxectivos abordados polo estudio centrouse na relación destas organizacións coa economía local.

Outro dos principais obxectivos do proxecto foi corroborar se os factores que axudan á creación destas organizacións "dependen da capacidade de "emprendimiento" dese centro, apuntou Rodeiro.

Así mesmo, valorouse a capacidade dos novos empresarios e analizarase de que xeito o seu traballo inflúe no rendemento das 'spin-off'. Igualmente, o proxecto pretende que as súas conclusións axuden a "comprender o proceso de creación destas empresas e favorezan a configuración de políticas financeiras e lexislativas que apoien a creación das compañías.