Extrumar e Sagres e os investigadores Xosé Manuel Sabucedo e Mariluz Loureiro reciben os premios da Xunta

Actualizado: martes, 26 junio 2007 22:27

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jun. (EUROPA PRESS) -

As empresas Extrumar e Sagres e os investigadores Xosé Manuel Sabucedo e Mariluz Loureiro recibiron hoxe os premios de Investigación Social e Innovación Empresarial 2006, organizados anualmente pola Xunta para distinguir o traballo e investigadores e pymes neste campo.

O acto estivo presidido polo titular de Innovación, Fernando Blanco, quen destacou que a finalidade destes galardóns é lograr a implicación de toda a sociedade na I+D+i.

"A Universidade, as empresas, as diferentes administracións debemos implicarnos e coordinar os nosos esforzos para lograr que Galicia dispoña dun sistema de ciencia e tecnoloxía moderno e eficaz, que sexa motor de desenvolvemento económico e social", subliñou.

Nesta edición o xurado decidiu outorgar o Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social na categoría sénior, ao conxunto dunha traxectoria a Xosé Manuel Sabucedo Cameselle e na de investigadores novos a María Luz Loureiro García.

Pola súa banda, o Premio Galicia á Innovación Empresarial foi concedido á empresa pontevedresa Extrumar polo deseño dunha plataforma mariña somerxible para o cultivo de moluscos; mentres que a téxtil Sagres recibiu unha mención especial do xurado pola súa aposta pola diversificación tecnolóxica nun sector estratéxico para Galicia.