Nexus Rede formará dende hoxe no uso de novas tecnoloxías a socias de asociación de redeiras de A Guarda

Actualizado: lunes, 11 junio 2007 11:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Jun. (EUROPA PRESS) -

Unha decena de socias e traballadoras da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalia da localidade de A Garda (Pontevedra) beneficiaranse dende hoxe dos cursos sobre novas tecnoloxías da Escola Cooperativa Móbil Nexus Rede.

Así, a escola móbil permanecerá en A Garda ata o día 29 de xuño e ofrecerá os seus servizos de 19.00 a 21.00 horas, co fin de facilitar a conciliación da vida persoal e laboral dos participantes.

Previamente, a escola móbil impartiu cursos de introdución ás novas tecnoloxías na sociedade cooperativa de consumo Mestura en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Este proxecto conta cun presuposto de máis de 220.000 euros financiado ao 75% polo Fondo Social Europeo e conta cunhas instalacións de 70 metros cadrados de superficie.

A Escola Cooperativa Móbil Nexus Rede ten como obxectivo formar na utilización de ferramentas os 24.000 cooperativistas de servizos sociais que existen actualmente en Galicia.