A Xunta destinará 170.000 euros á aplicación de novas tecnoloxías no sector do transporte

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 4 julio 2007 19:31

SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Xunta e a Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada (Apetamcor) asinarán mañá un acordo de colaboración para destinar 170.000 euros á aplicación de novas tecnoloxías ao sector do transporte.

O convenio persegue, entre outros obxectivos, a incorporación do tacógrafo dixital aos vehículos de transporte de Galicia. Este aparato, que axuda aos condutores no seu traballo e rexistra os tempos e velocidades das viaxes, poderá ser consultado por directamente polos propios choferes.

A Xunta, que nun comunicado destacou que apostou "firmemente por esta iniciativa", confía en que estes avances contribúan á maior produtividade e competencia das empresas de transporte galegos.

Á súa vez, tamén prevé que as innovacións produzan unha mellora no ámbito laboral que se manifeste na creación de novos postos de traballo.

Contenido patrocinado