PONTEVEDRA, 23 Jun. (EUROPA PRESS) -
O acusado de tentar matar á súa exparella nunha chabola de Vigo negou os feitos e asegurou que "se el a agredise, faríalle algo máis", indicando mesmo que a "mataría" en caso de querer facelo.
"Xa paguei dous homicidios con 27 anos de cárcere", reivindicou durante a vista polo caso levada a cabo esta mañá na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, subliñando que nesta ocasión "non buscaba unha causa tan grave" senón que decidiu denunciar á muller, á que acusaba de roubarlle uns 700 euros.
"Eu, se a tocase, faríalle algo máis que iso, dígoo francamente", insistiu o home, relatando que ese día, o 15 de xuño de 2025, foi á vivenda da súa exparella debido a que lle faltaban 700 euros da súa casa, supondo el que fora ela quen llos roubou xa que tiña chaves (a pesar de que non estaban xa xuntos desde facía anos).
Aínda que recoñeceu que portaba nunha mochila unha pata de cabra e unha arma punzante, dixo que non a agrediu, senón que discutiron e ameazouna con que a ía a denunciar. Tamén indicou que no momento dos feitos bebera "unhas 3, 4 ou 5 cervexas".
O home, que se enfronta a máis de 14 anos de prisión, foi preguntado tamén por todas as feridas que tiña a muller, explicando que ela tiña moi mala relación co seu irmán e que días antes podería habela agredido.
VÍTIMA
Após el, acudiu a declarar a suposta vítima, que explicou que ambos mantiveran unha relación "regular" durante case 30 anos, con insultos e ameazas de morte constantes, pero levaban xa catro anos separados porque "el quería unha vida que ela non quería de novo", referíndose ás drogas.
"El estaba obsesionado comigo", asegurou a muller, que o denunciou 10 días antes dos feitos por unhas ameazas telefónicas. A pesar das mensaxes achegadas, dixo que non se lle puxo unha orde de afastamento naquel momento.
No día dos feitos, sobre as 20.00 horas, o home habería ir á súa casa, unha chabola situada no barrio de Castrelos, e ela deuse conta polo ladrido dos cans. Ao velo, tratou de pechar a porta, pero el cunha pata de cabra abriuna.
Así, saíron para fóra, onde se produciu a agresión, segundo o relato da vítima. O home, cun obxecto afiado agarrado a un pau longo (era coñecido por crear as súas propias armas, segundo dixo a muller), cortouna para logo darlle un golpe na cabeza coa pata de cabra e quedar inconsciente. Antes, ela trataría de defenderse. Cando recuperou a conciencia estaba no hospital.
Pola súa banda, os irmáns da muller, presentes na vivenda no día dos feitos, relataron a mala relación previa que tiñan con el. Ese día, ambos aseguraron que o viron tratar de entrar na casa. A nora da vítima dixo que a ela chegou a ameazala, pero como tiña un bebé dun mes deixouna ir.
Un dos policías que foron ao lugar indicou que se atoparon á muller no chan sangrando de maneira "moi moi abundante" e aínda que parecía "morta", viron que aínda tiña pulso. Por iso, trataron de tapar as súas feridas á espera de que chegase a ambulancia.
A pesar de todo, nas armas achadas nunha maleta nas inmediacións da chabola non se atoparon restos de ADN que permitisen sinalar ao home, segundo indicaron os profesionais que se encargaron de analizalas.
O xuízo foi suspendido até o 7 de xullo debido a que dous das testemuñas atopábanse de baixa e as partes non quixeron renunciar a eles.
FEITOS
Os feitos, segundo recolle o escrito de Fiscalía, sucederon sobre as 20.00 horas do 15 de xuño de 2025 cando o home se presentou no domicilio da muller, coa que mantivo unha relación de máis de 38 anos e coa que ten tres fillos en común, co obxectivo de acabar coa súa vida.
O home acudiu á vivenda portando unha estaca cun obxectivo punzante no seu extremo final --tipo lanza-- e unha mochila con armas brancas de fabricación artesanal e un bote con gasolina.
O acusado comezou a gritar á vítima expresións como "vouche a matar" e, após forzar a porta principal cunha pata de cabra, empuxou á muller cara a fóra do domicilio. O home cravoulle o petisco da estaca no costado e esquerdo e no brazo esquerdo, mentres a seguía ameazando de morte.
A muller tentou defenderse, pero o home golpeouna na cabeza coa pata de cabra, e quedou aparvada no chan. Nese momento, o procesado volveu cravarlle a estaca nas costas. Como consecuencia, a vítima sufriu diferente lesións de gravidade, que lle xeraron un risco vital.
O Ministerio Público considera ao home autor de delito de asasinato en grao de tentativa e aprecia as agaravente de xénero, reincidencia e parentesco.
Ademais, o home, que se atopa en prisión desde a súa detención, ten antecedentes penais, entre eles unha condena previa por homicidio pola que cumpriu unha pena de 11 anos de prisión.
Fiscalía pide para o procesado unha pena de 14 anos e seis meses de prisión, así como a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da vítima.