SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Mar. (EUROPA PRESS) -
O rexedor da localidade pontevedresa de Lalín, José Crespo (PP), e a súa muller deron positivo na proba do COVID-19, segundo anunciou o propio mandatario popular nun vídeo subido ás súas redes sociais.
"Esta mañá confirmáronme que tanto Maribel como eu demos positivo nas probas do coronavirus que nos fixeron o pasado martes. Simplemente dicirvos que estamos o dous ben e que eu sigo traballando desde casa para tentar paliar na medida do posible todos os problemas ocasionados por esta pandemia, que, como imaxinaredes, non son poucos", sinala o alcalde de Lalín.
Crespo asegura que dirixe o concello por vía telemática desde que notou "os primeiros síntomas" hai 15 días e que, desde entón, segue "os protocolos de seguridade sanitaria", algo que chama a facer a toda a cidadanía.