Atopan ferida grave de bala no seu hotel a unha axente que participaba na investigación do crime de Xermade (Lugo)

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 20 mayo 2012 16:51

LUGO 20 May. (EUROPA PRESS) -

Unha axente da Guardia Civil que participaba na investigación do dobre crime de Xermade (Lugo) foi atopada ferida de carácter grave por impacto de bala no cuarto do hotel no que se aloxaba no municipio lucense.

Segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, a ferida é unha axente da Unidade Central Operativa (UCO) da Guardia Civil de 24 anos de idade desprazada dende Madrid para participar no operativo que o sábado se saldou con dous individuos detidos en Santiago e Vilalba (Lugo).

As mesmas fontes explicaron que a axente foi atopada no hotel no que se aloxaba en Xermade cunha ferida de bala, tras o que a evacuaron ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Tras ser asistida no HULA, a axente ferida foi derivada ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), segundo indicaron as mesmas fontes.

Artículos Relacionados

Contenido patrocinado