VIGO 13 Mar. (EUROPA PRESS) -
Un matrimonio faleceu hoxe na zona de Rande, na localidade pontevedresa de Redondela, ao derrubarse un balcón dunha casa en obras, confirmaron a Europa Press fontes da subdelegación do Goberno en Pontevedra.
A caída produciuse sobre as 18.30 cando os propietarios da casa, que está en construción, se atopaban nas obras e o balcón caeu, por causas que aínda non transcenderon, e quedaron atrapados nos entullos.
Ao lugar desprazáronse os bombeiros de Vigo e efectivos de Urxencias Sanitarios do 061, que desprazaron a unha ambulancia medicalizada e un médico.
(((SEGUIRÁ AMPLIACIÓN))