VIGO 10 Jun. (EUROPA PRESS) -
O Concello de Moaña (Pontevedra) fixo un chamamento á cidadanía a través de redes sociais para buscar a Helena Moreira Millán, unha moza de 19 anos que falta desde este pasado martes.
O goberno local pediu que calquera persona que teña algunha pista do paradoiro da nova, veciña do devandito municipio pontevedrés, contacte coa Policía Local.
Para iso, estableceuse o número de teléfono 986 311 656 para informar de calquera tipo de dato que poida axudar a atopar a Helena.