Caballero censura que Feiijóo "rompa" o acordo unánime sobre as eleccións para primar a súa "axenda oculta"

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa
PSDEG
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 14 mayo 2020 20:44

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 May. (EUROPA PRESS) -

   O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, censurou que o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, decidise "romper" o acordo das forzas políticas que permitiu a suspensión das eleccións en abril para relanzar o proceso en xullo primando, di, "unha axenda oculta" propia que "non é a que lle interesa aos galegos".

   Así se pronunciou o secretario xeral do PSdeG após a reunión mantida na tarde deste xoves polo xefe do Executivo autonómico cos líderes das principais forzas políticas galegas para abordar a convocatoria dos comicios ao Parlamento de Galicia que foron suspendidos pola crise do coronavirus.

   "Feijóo convocou aos líderes para trasladarnos a súa decisión unilateral de convocar unhas eleccións en Galicia nun momento no que todos estamos a priorizar a loita contra o coronavirus defendendo a saúde e traballando nun proceso de desescalda que permita evitar os contaxios e loitar contra a crise económica e social", sinalou Caballero.

   Para o líder dos socialistas galegas, Feijóo comete unha "alta irresponsabilidade" ao "romper" o acordo subscrito a finais de marzo e que permitiu anular a convocatoria de eleccións para o 5 de abril após solicitarse o consenso das principais forzas que concorrían ao proceso.

   Deste xeito, cre que relanzar o proceso para o mes de xullo, data que se perfila para a cita coas urnas após os informes dos expertos da Xunta, supón "pór en risco a saúde e a desescalada polos intereses dunha axenda oculta que non é a que interesa aos galegos".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado