Causa Galiza celebra o final da "montaxe" da 'Operación Jaro' coa absolución dos 12 indepentistas procesados

A organización ve o proceso froito de "esquemas policiais franquistas de represión" que pretendía pór o indepedentismo "na ilegalidade"

Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 23 diciembre 2020 17:33

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Dic. (EUROPA PRESS) -

   A organización indepententista Causa Galiza celebrou a sentenza absolutoria para os 12 procesados pola chamada 'Operación Jaro' e que consideran o final dunha "montaxe" froito de "esquemas policiais franquistas de represión política" que tiña como obxectivo "aumentar o número de presos e presas políticas e colocar o independentismo na ilegalidade".

   Nun comunicado emitido este mércores, un día despois de coñecerse a asbolución dos 12 procesados por suposto enaltecemento de Resistencia Galega a través das organizacións Ceiva e Causa Galiza, esta última pon o acento en que o fallo dos maxistrados da Audiencia Nacional "evidencia a inconsistencia absoluta do proceso que a Garda Civil iniciou en 2015 co nome de Operación Jaro".

   "Nin 'brazo político', nin 'enaltecemento', nin 'integración en banda armada'. As graves acusacións de Jorge Fernández Díez, Francisco Martínez e Arsenio Fernández de Mesa quedaron absolutamente deslegitimadas mesmo para o tribunal de excepción política", di o comunicado, en referencia á Audiencia Nacional, a encargada do proceso culminado coa sentenza de absolución ditada esta semana.

   Causa Galiza considera que o proceso, iniciado no ano 2015 coa detención de 12 persoas e que levou á ilegalización, despois revogada, tanto desta organización como de Ceivar, suposo "unha prolongada extorsión política, organizativa e psicolóxica liderada por un corpo militar contra o movemento poítico que defende a independencia nacional" de Galicia.

   "Procesos como o vivido son o produto de esquemas policiais franquistas de represión política, pero, tamén dos intereses materiais e económicos das cloacas policiais, mediáticas e xudiciais, onde decenas de persoas viven, literalmente, da organización de montaxes como o que hoxe termina", sentencia o colectivo, que avanza que solicitará a súa "plena legalización" como organización política e o "relanzamento" dos seus procesos internos.

Contenido patrocinado