A CORUÑA, 5 Sep. (EUROPA PRESS) -
O centro de menores Concepción Arenal e o Centro de Intervención Educativa no medio Aberta (Ciema) da Coruña poderán acceder a un programa de inmersión laboral e social para menores que cumpren medidas xudiciais nestes centros.
Esta iniciativa, froito dun convenio entre a Fundación Labaca e o Goberno galego, busca "facilitar a reinserción laboral dos menores a través de diferentes accións", baixo o amparo da Escola de Segunda Oportunidade que ten a fundación.
Entre estas accións enuméranse diversas actividades para a adquisición de habilidades que profunden en "unha vida autónoma e saudable". Tamén están expostas accións para que os menores "poidan mellorar o nivel formativo e a capacitación profesional.
Outro dos obxectivos do programa é incentivar e fomentar unha educación cidadá e comunitaria. Trátase dunha iniciativa de atención integral cuxa duración se estenderá máis aló do tempo de cumprimento de internamento dos menores. Cada un dos mozos terá un proxecto individual de acordo co seu perfil, necesidades e intereses.