Comercio Vario da Coruña maniféstase para esixir á Patronal un convenio digno que garanta o poder adquisitivo

Os sindicatos avanzan que, de non chegar a un acordo este luns, o próximo paso será a folga

Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 26 marzo 2023 19:51

    A CORUÑA, 26 Mar. (EUROPA PRESS) -

   UXT, CIG e CC.OO convocaron unha manifestación este domingo no centro da Coruña para esixir á patronal do Comercio Vario un convenio digno, que garanta a non perda de poder adquisitivo do conxunto dos traballadores afectados polo Convenio, máis de 20.000 na provincia.

   A manifestación comezou ás 12,00 horas no centro comercial Catro Camiños e continuou cara á rúa Bailén, diante do antigo cinema París.

   Entre as súas principais reclamacións á patronal están unha subida salarial moi afastada ao que subiu a vida (IPC) os anos 2021 e 2022, non querer falar de redución de xornada, "nin sequera pola vía dos asuntos propios", non querer limitar de ningunha maneira a contratación a tempo parcial e non querer falar de ampliación de descansos.

   Segundo avanza a Europa Press a responsable do Sector Comercio na FeSMC UXT A Coruña, Sheila Canzobre, mañá reuniranse co A.G.A. para unha mediación. Aínda que valoran "moi positivamente" a participación dos traballadores afectados polo convenio, sobre todo do pequeno comercio, afirma que está "lonxe" de chegar a un acordo en termos salariais.

   "A proposta por parte da patronal fai que perdamos poder adquisitivo, xa que no ano 2012/2022 a inflación foi dun 12,20% e a subida que nos propoñen é dun 7,5%%", explica.

   Hai "determinadas liñas vermellas" que, asegura, non están dispostos a pasar. Sinalan que a patronal non está disposta a falar da redución de xornada anual, licenzas retribuidas como o aumento de asuntos propios, plus de tarde e plus de sábados.

   "Non estamos dispostos a que non queiran limitar a contracción temporal e tampouco a que non amplíen os descansos. Estamos lonxe de chegar a un acordo que garanta as condicións dos traballadores", afirma.

   Apunta tamén que, se mañá non chegan a acordo, o próximo movemento será a folga.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado