O Consorcio Audiovisual de Galicia organiza un curso de 'steadycam' dirixido a operadores de cámara profesionais

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 26 noviembre 2007 10:51

SANTIAGO DE COMPOSTELA 26 Nov. (EUROPA PRESS) -

O Consorcio Audiovisual de Galicia inicia hoxe un curso dirixido a operadores de cámara profesionais da comunidade galega sobre 'steadycam', soporte estabilizador da cámara moi utilizado na gravación de deportes e escenas de acción en cinema e televisión.

Esta acción formativa é froito da demanda de formación neste ámbito. Por iso, o Consorcio deseñou esta actividade que permitirá, por primeira vez en Galicia, que os operadores de cámara poden traballar como operadores de 'steadycam' en calquera produción.

O curso será impartido por Victorino Lourido, operador de 'steadycam' da Televisión de Galicia, a 18 participantes con "grande experiencia" no sector audiovisual galego.

Contenido patrocinado