Detidas 5 persoas vinculadas co achado de 200 quilos de cocaína nun colector no Porto de Vigo

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 13 enero 2026 20:23

VIGO 13 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Policía detivo a cinco acodes pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200 quilos de cocaína, que foi localizado nun colector, nun buque que arribou nas últimas horas ao Porto de Vigo.

   Segundo puido saber Europa Press, os detidos son persoas de nacionalidade estranxeira (albaneses) e relaciónaselles co achado desa partida de cocaína, que chegou nun buque portacontedores á terminal viguesa este luns. O barco viaxaba desde Sudamérica na chamada 'ruta da froita'.

   Tanto a Policía como o Servizo de Vixilancia Aduaneira estaban pendentes da chegada do barco, ante as sospeitas de que existise o cargamento ilícito. A investigación está coordinada polo xulgado de instrución 8 de Vigo.

   Dáse a circunstancia de que hai un ano, a Policía frustrou a entrada de 1.250 quilos de cocaína, vinculados coa mafia albanesa, a través do Porto de Vigo. A droga viaxou desde Ecuador nun portacontedores e nese operativo, no que se detivo a 9 persoas (albaneses e belgas), participaron axentes infiltrados.

    Fontes consultadas por Europa Press sinalaron que, polo menos una das persoas detidas agora, estaría relacionada co alixo intervido nesa operación de xaneiro de 2025.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado