Detido un home en Mondoñedo por tenencia e distribución de pornografía infantil

Archivo - Arquivo - Un axente da Policía Nacional revisa un computador (Arquivo)
POLICÍA NACIONAL - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 13 junio 2025 16:49

LUGO 13 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un home de Mondoñedo foi detido esta semana polo Grupo de Delincuencia Económica e Tecnolóxica da Comisaría da Policía Nacional de Lugo acusado de tenencia e distribución de pornografía infantil.

Segundo as primeiras estimacións, o home estaba en poder de máis de 8.000 arquivos de contido pedófilo, pero a investigación segue en marcha, xa que se está terminado a análise dos dispositivos electrónicos comisados.

O home, que pasou este venres a disposición xudicial, no Xulgado de Instrución nº1 de Mondoñedo, foi posto en liberdade, aínda que a xuíza impúxolle a obrigación de comparecer no xulgado cada 15 días, ademais de retirarlle o pasaporte e prohibirlle a saída do territorio nacional.

O home investigado foi localizado no marco dunha operación da Policía Nacional orixinada en Madrid.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado