Falece Manuel Fraga aos 89 anos

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 16 enero 2012 2:26
cia" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

MADRID, 16 Ene. (EUROPA PRESS) -

   O presidente fundador do Partido Popular Manuel Fraga faleceu sobre as 22.30 horas deste domingo aos 89 anos no seu domicilio de Madrid. O expresidente da Xunta de Galicia morreu por unha parada cardíaca ao non recuperarse dunha afección respiratoria que viña arrastrando desde hai algúns días, confirmaron a Europa Press fontes próximas á familia.  

   O pasado 2 de setembro anunciou que non repetiría como senador nin iría nas listas do PP das eleccións do 20 de novembro tras 60 anos dedicados á política en activo.

   O empeoramento da súa saúde impediulle asistir ao pleno celebrado o pasado setembro na Cámara Alta na que se debateu a reforma da Constitución que fixaba un teito ao gasto público das administracións. Fraga foi relator e 'pai fundador' da Carta Magna de 1978.

   Tras unha operación de cadeira o pasado mes de abril, consecuencia dunha caída doméstica, o seu estado de saúde era delicado e o exsenador desprazábase en cadeira de rodas e seguía a actualidade política desde o seu domicilio madrileño.

    Manuel Fraga comezou a súa carreira política en 1951 chegando a ser ministro de Información e Turismo e embaixador no Reino Unido. Tamén foi vicepresidente e ministro de gobernación no primeiro goberno baixo reinado de Juan Carlos I, presidido por Carlos Arias Navarro.

   En 1976 fundou Alianza Popular e colaborou na redacción da Constitución Española. Anos despois, en 1989, refunda AP que pasa a ser Partido Popular e do que se faría cargo José María Aznar, que foi designado candidato á presidencia do Goberno.

   Manuel Fraga presidiu a Xunta de Galicia desde 1990 até 2005. Desde 1990 era presidente honorífico do Partido Popular e desde 2006 senador designado polo Parlamento galego.

Artículos Relacionados

Contenido patrocinado