Ferido grave un motorista tras sufrir un accidente en Ordes (A Coruña)

Axega Informa accidente moto.
112 GALICIA
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 18 julio 2024 19:31

SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 Jul. (EUROPA PRESS) -

Un mozo resultou ferido grave na tarde deste xoves tras sufrir un accidente de tráfico coa moto que manexaba no municipio coruñes de Ordes.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar pouco despois das 14.00 horas no lugar da Brea, na parroquia de Ardemil, onde o motorista sufriu unha saída de vía.

Até a zona desprazouse o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou ao mozo até o Hospital da Coruña. Ademais, tamén interviñeron os Bombeiros de Betanzos, os axentes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado