SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Jun. (EUROPA PRESS) -
A Xunta ampliou até as 3.460 as prazas da nova oferta pública de emprego (OPE) no Servizo Galego de Saúde (Sergas), case 2.000 máis do previsto inicialmente. Ademais, aprobouse a próxima oferta de formación sanitaria especializada (OPE), que alcanza o número "máis alto da historia" con 676.
Así o avanzaron o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na comparecencia posterior á reunión semanal do Consello da Xunta, que se celebra cada luns.
En canto á OPE, inicialmente informouse de que se convocarían unhas 1.400 ao aplicar unha taxa de reposición do 120%, pero agora aplicarase unha taxa adicional para chegar até as 3.460.
Máis concretamente, para a categoría de persoal diplomado sanitario serán 1.340 vacantes, ás que se sumarán outras 1.124 de persoal diplomado en FP, 271 para licenciados sanitarios e 725 para persoal de xestión e servizos.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)